jueves, 22 de junio de 2017

ANIVERSARIOS

Hoxe celebramos os últimos aniversarios do curso, pero non todos son do mes de xuño. Lucía Carnota cumpriu este mes 4 anos; Aroa e Carlos farán en xullo os 6 anos e Sara mais Anxo.F cumpriranos en agosto, para o curso xa estarán en primaria. Moitos parabéns.


miércoles, 21 de junio de 2017

ILLA DE ONS

O pasado venres 9 de xuño fixemos a nosa excursión de fin de curso. Fomos ata a illa de Ons. Collemos o autobús ata chegar a Portonovo onde subimos ao catamarán e despois dunha pequena parada en Bueu chegamos ao noso destino. Despois de tomar a parva fixemos unha pequena ruta pola illa onde coñecemos algunhas cousas sobre o estilo de vida dos seus habitantes. Comemos e despois fomos a praia, mollámonos (o de nadar era imposible) e fixemos xogos na area cun paracaídas. Pasámolo en grande.