sábado, 17 de diciembre de 2016

ANIVERSARIOS DECEMBRO

Último mes do ano e celebramos 5 aniversarios. Cloe e Leo fixeron os 3 anos, Manuel 4 e Daniela mais Joel cumpriron os 5. Moitos parabéns.


ADORNOS ÁRBORE

As familias dos nenos e nenas de 6º de infantil botáronlle imaxinación e mirade o partido que lle sacaron a un pau depresor. Grazas pola vosa colaboración.

jueves, 15 de diciembre de 2016

MATERIAL PIRATAS

Os nenos e nenas de 4º de infantil chegaron un día a clase e atopáronse cun tesouro. Chamoulles tanto a atención que decidiron averiguar todo o posible sobre os piratas que llo deixaran na aula. Trouxeron materiais da casa para axudarlles a investigar.

ESTRELAS NADAL

Este foi o último obradoiro deste trimestre. Visitounos Elisa a nai de Sara e con ele confeccionamos unhas estrelas para engadir aos adornos que xa temos nas casas.

miércoles, 14 de diciembre de 2016

ADORNOS ÁRBORE NADAL

Este ano tocaron paus depresores para facer os adornos da árbore da escola, aquí podedes ver os da aula de 4º de infantil.