sábado, 29 de octubre de 2016

OBRADOIROS SAMAÍN

Adicamos todo o venres a celebrar o Samaín. Durante a primeira parte da maña os nenos e nenas participaron en catro obradoiros: maquillaxe, baile, teatro en inglés e estampación. Aquí tendes unha pequena mostra.


SAMAÍN

Un ano máis xa está aquí o Samaín. O cole engalánase para acoller todas as cabazas que facedes nas casas así como as que confeccionamos nas aulas.



VISITA LEIRA CABAZAS

Durante a semana pasada os nenos e nenas de educación infantil fomos visitar unha leira de cabazas que se atopa cerca da escola. Como somos moitos dividímonos en dous grupos. Os primeiros en ir foron os máis pequeniños, os de 4º de infantil.