miércoles, 28 de octubre de 2015

ACÁBATE A SOPA

Onte os nenos e nenas de 5º e 6º de E.I. fumos ata Compostela para asistir no Auditorio de Galicia á representación musical "Acábate a sopa".
Catro músicos e unha bailarina interpretaron composicións de distintos autores mentres voaba a imaxinación dunha rapaza que non daba acabado a sopa. Ao rematar achegámonos ao Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago onde puidemos ver moitas especies tanto animais como vexetais. Descubrimos tamén os minerais e as pedras preciosas, vimos fósiles... Resultou unha visita do máis interesante.


lunes, 26 de octubre de 2015

ANIVERSARIOS OUTUBRO

Este luns celebramos os aniversarios do mes de outubro. Sabela e Lucas cumpriron 5 anos e Alba 4. Parabéns.

jueves, 15 de octubre de 2015

PALEONTÓLOGOS

É grazas aos paleontólogos/as que coñecemos cómo foi a vida dos dinosauros. Como nos pareceu moi interesante decidimos convertirnos neles e ir na procura dalgún rastro de dinosauros no patio. Como bos paleontólogos/as, con moito coidado fomos quen de desenterrar os ósos dalgún dinosauro que viviu en Asados.


domingo, 11 de octubre de 2015

ANIVERSARIOS

Non hai mellor maneira de comezar un curso que facendo unha festa. Desta celebramos os aniversarios, non so dos que cumpriron este mes de setembro senon que tamén daqueles que o fixeron nos meses de xullo e agosto. Eran moitos para soplar a torta e tivemos que ir por grupos de idade. Lia, Alex, Cibrán e Froilán cumprian 3 anos; Aroa, Carlos, Anxo F. e Sara fixeron 4 anos; Xeila, Sofía, Ainoa e Anton son os maiores, cumpriron 5. Parabéns a todas e todos.



UN OVO NA CLASE

Nas aulas de 5º e 6º de Infantil apareceron unha pegadas enormes que nos levaban ata un niño. Nel atopamos un ovo moi extraño, e no corcho unhas instrucións a seguir. Fixemos o que dician, sumerximos o ovo nun recipiente con auga e fomos vendo, como co paso dos días a casca do ovo íase resquebraxando e asomaba o que se atopaba no seu interior: era un DINOSAURO. Foi daquela cando decidimos investigar sobre o tema, e así, entre a escola e as familias averiguar todo o que poidamos sobre estes animais que poboaron a terra hai millóns de anos.
Algo nos fai sospeitar que dentro de pouco será a aula de 4º de Infantil  a que reciba algunha visita inesperada.

sábado, 3 de octubre de 2015

COMEZA O CURSO

Un curso máis a nosa escola comeza cun montón de ilusións e proxectos que levar a cabo nos próximos nove meses. Alégranos volver a ver ás familias que xa coñeciamos e dámoslle a benvida ás novas incorporacións. Contamos con vós para seguir colaborando no desenvolvemento integral dos vosos fillos.
 Un saúdo a todas e todos.