miércoles, 25 de febrero de 2015

PAN DE MILLO

Os últimos pasos para facer un delicioso pan de millo, AMASAR, COCER e listo para PAPAR.

BO PROVEITO!

jueves, 19 de febrero de 2015

DISFRAZADOS

Algunhas nais coséronnos os disfraces na casa, traballo nada fácil. Este e o resultado do traballo conxunto entre familia e escola. Gracias a todas por participar.

FACENDO DISFRACES

Un ano mais aquí estamos comezando cos disfraces do entroido. Temos a axuda das nais que amablemente nos ceden un pouco do seu tempo para vir a axudarnos. Queens estarán mais contentas de vir a escola as nais ou as fillas/os?

PENEIRANDO

Algunha da fariña que moemos trouxémola para a escola para seguir peneirándoa. Xa queda menos para facer o pan!.

VISITA O MUÍÑO

Para continuar co proceso de elaboración do pan fomos visitar un muíño. Tivemos a gran sorte que estaba na casa dun dos nosos compañeiros, Carlos, e ata alí nos achegamos para ver como se fai a fariña. Acompañáronnos os nenos e nenas de primeiro e segundo de primaria.
Dámoslle as gracias a mamá e o avó de Carlos por deixarnos entrar na súa casa e ensinarnos  como funciona o muíño.

lunes, 9 de febrero de 2015

ANIVERSARIOS XANEIRO

No mes de xaneiro estiveron de aniversario Carmen, Adela e Moisés que cumpliron catro anos. Hugo e Sara cinco. E por último Paula e Yago seis anos.Aquí vos deixo unha mostra da torta que fixemos e de como a comemos.Como sempre boísima!!!!