martes, 25 de noviembre de 2014

ANIVERSARIOS NOVEMBRO

En novembro Lucía, Darío e Izan estiveron de aniversario. Fixemos dous bizcoitos que non chegaron a nada!!!! Que bos estaban!!

PIÑA

Estamos traballando os alimentos e  como non podía ser doutra maneira probamos diferentes alimentos . Hoxe foi a piña. Todos a degustamos uns quixeron repetir e a outros non lles gustou.

MATERIAL FAMILIAS

SEMPRE vos temos que dar as grazas pola vosa colaboración, xa que sen ela non sería posible levar a cabo esta forma de traballar: os proxectos.

MAGOSTO

Polo San Martiño trompos ó camiño.É tempo de xogos populares e tamén de asar castañas. Aquí tendes unha pequena mostra.

SOPA VERDE

 Ai, ai!!!! a este coello non lle gusta casi nada, só quere alimentos de cor verde!!!!! Pero ten uns amigos moi listos... Nós na clase tamén fixemos coma o moucho, unha sopa con moitas verduras de distintas cores. E a algúns nen@s tamén lle pasou coma ó coello probárona e gustoulle!!!!

miércoles, 19 de noviembre de 2014

BOMBEIROS

Tivemos unha visita!!! Eran os bombeiros que nos viñan a explicar como temos que facer no caso de que haxa un incendio! Xa o sabemos todiño!!!!

LARANXAS

Temos  laranxas!!!!! Imos a probalas e a facer zume xa que ten moitas vitaminas e axúdanos a medrar sans e fortes. </

martes, 11 de noviembre de 2014

CABAZAS FAMILIAS

Nas nosas casas tamén fixemos unhas cabazas ben chulas, pero coa axuda da nosa familia!!

lunes, 10 de noviembre de 2014

FACENDO CABAZAS

Aquí estamos facendo a cabaza da nosa aula.Canto traballo nos dou, pero quedou ben chula!!!!!

miércoles, 5 de noviembre de 2014

O MILLO

Como estamos traballando os alimentos, queremos facer pan de millo; faremos todo o proceso ata chegar a comelo. Empezamos por apañar o millo e esfollalo. Fomos unha vez, pero como ainda era cedo, estaba mollado e tivemos que volver máis tarde.


OS ALIMENTOS

Neste trimestre imos traballar os alimentos.Podedes traer información sobre eles.

ANIVERSARIOS

Cantos nen@s tivemos de aniversario!!!! Xeila, Sofía, Verónica, Antón e Ainoa que estiveron de aniversario nos meses de xullo e agosto e máis Luis, Diego, Lucas, Sabela e Alba no mes de outubro. Nesta ocasión fixemos unha torta distinta pero tamén nos saíu moi boa; non sobrou nadiña!!!!!