lunes, 30 de junio de 2014

BOAS VACACIÓNS A TOD@S E LEMBRADE QUE O CURSO EMPEZA O 10 DE SETEMBRO!!!!

FESTA FIN DE CURSO

O curso non podía rematar sen unha festa, e así o fixemos!!!

EXCURSIÓN AO ZOO

A excursión de fin de curso de este ano foi ao zoo de Vigo. Nun sitio moi pequeno había animais dos distintos continentes. Vimos serpes, iguanas, lagartos, leóns, cebras, oso pardo, lobos, patos, pavos, avestruces... Como nos gustou ver eses animais!!! Pero o día non rematou aí!!!!! Fomos comer á praia de Samil, nun merendeiro que hai alí, e as gaivotas queríannos comer os nosos bocatas, tivemos que ter un coidado!!!! E para rematar fomos xogar coa area!!! Un día estupendo!!!

VISITA BOMBEIROS

Tivemos unha visita. A policía local e máis os bombeiros viñeron a ensinarnos os seus coches, motos e camións!!! Subimos a eles e puxemos as sereas  a funcionar!!! Foi moi emocionante!!!!!

XEROGLÍFICOS

Os nosos escribas cos seus xeroglíficos!!!

ANIVERSARIOS XUÑO

Neste mes estiveron de aniversario: Brais, Carlota, Mariña, Paulo e Carla. Como sempre fixemos unhas tortas riquísimas!!! Que nos chegan a pouco!!!!

jueves, 26 de junio de 2014

ANTIGO BLOGUE


Para poder visitar o antigo blogue só tes que premer neste enlace:
Antigo blogue