sábado, 20 de diciembre de 2014

FESTA DE NADAL

Para rematar o ano que mellor que un festival e unha festa con doces típicos destas datas. Ollade como comemos todo!!!!!!

ILLA DE FROITA

Unha idea divertida de comer froita, ainda que algúns siguen remisos a comela, pero outr@s proban e mesmo repiten!!!

ANIVERSARIOS DECEMBRO

Neste mes foron Daniela e Joel os que estiveron de aniversario, fixemos a torta que chegou a pouco!!!!

miércoles, 17 de diciembre de 2014

SAÍDA A RIANXO

As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, é unha obra de teatro para neno@s. Tivemos a sorte de que a viñeron representar a Rianxo e alá fomos. ENCANTOUNOS!!!!!

E aproveitando esta saída fomos a visitar un supermercado, xa que como sabedes, estamos traballando os alimentos.

ÁRBORE NADAL

Chega o nadal e con el o momento decorar árbore entre todos. Este ano adornámola cunha rede e cunchas. Deixámovos unha mostra dos artistas que sodes. MOITAS GRAZAS!!!!!

martes, 25 de noviembre de 2014

ANIVERSARIOS NOVEMBRO

En novembro Lucía, Darío e Izan estiveron de aniversario. Fixemos dous bizcoitos que non chegaron a nada!!!! Que bos estaban!!

PIÑA

Estamos traballando os alimentos e  como non podía ser doutra maneira probamos diferentes alimentos . Hoxe foi a piña. Todos a degustamos uns quixeron repetir e a outros non lles gustou.

MATERIAL FAMILIAS

SEMPRE vos temos que dar as grazas pola vosa colaboración, xa que sen ela non sería posible levar a cabo esta forma de traballar: os proxectos.

MAGOSTO

Polo San Martiño trompos ó camiño.É tempo de xogos populares e tamén de asar castañas. Aquí tendes unha pequena mostra.

SOPA VERDE

 Ai, ai!!!! a este coello non lle gusta casi nada, só quere alimentos de cor verde!!!!! Pero ten uns amigos moi listos... Nós na clase tamén fixemos coma o moucho, unha sopa con moitas verduras de distintas cores. E a algúns nen@s tamén lle pasou coma ó coello probárona e gustoulle!!!!

miércoles, 19 de noviembre de 2014

BOMBEIROS

Tivemos unha visita!!! Eran os bombeiros que nos viñan a explicar como temos que facer no caso de que haxa un incendio! Xa o sabemos todiño!!!!

LARANXAS

Temos  laranxas!!!!! Imos a probalas e a facer zume xa que ten moitas vitaminas e axúdanos a medrar sans e fortes. </

martes, 11 de noviembre de 2014

CABAZAS FAMILIAS

Nas nosas casas tamén fixemos unhas cabazas ben chulas, pero coa axuda da nosa familia!!

lunes, 10 de noviembre de 2014

FACENDO CABAZAS

Aquí estamos facendo a cabaza da nosa aula.Canto traballo nos dou, pero quedou ben chula!!!!!

miércoles, 5 de noviembre de 2014

O MILLO

Como estamos traballando os alimentos, queremos facer pan de millo; faremos todo o proceso ata chegar a comelo. Empezamos por apañar o millo e esfollalo. Fomos unha vez, pero como ainda era cedo, estaba mollado e tivemos que volver máis tarde.


OS ALIMENTOS

Neste trimestre imos traballar os alimentos.Podedes traer información sobre eles.

ANIVERSARIOS

Cantos nen@s tivemos de aniversario!!!! Xeila, Sofía, Verónica, Antón e Ainoa que estiveron de aniversario nos meses de xullo e agosto e máis Luis, Diego, Lucas, Sabela e Alba no mes de outubro. Nesta ocasión fixemos unha torta distinta pero tamén nos saíu moi boa; non sobrou nadiña!!!!!

jueves, 4 de septiembre de 2014

CURSO ESCOLAR 2014-2015

  Queremos dar a benvida a todos os alumn@s ao novo curso escolar. Como sempre con moita ilusión e moitos proxectos para levar a cabo.

  Comezamos o día 10 de setembro e o horario dese día é de 10 a 12 para  tod@s, menos para os alumn@s de 4ºde E.I.

  Os alumn@s de 4º de E.I. terán un período de adaptación que durará ata finais de setembro. Este período ten como obxectivo conseguir que estes nen@s se integren de forma positiva á aula e á mestra onde se poidan sentir cómodos e seguros.

  Día 10:
 Grupo A: de 9 a10. Sara, Joel, Daniela, Xián, Moisés, Carlos, Marina,Xosé Ricardo, Adela.
Grupo B: de 10:30 a 11:30. Carmen, Aroa, Alba, Anxo F., Anxo G., Lucía, Leo, Darío, Unai.

Días 11 e 12:
 Grupo A: de 9 a10:30. Sara, Joel, Daniela, Xián, Moisés, Carlos, Marina,Xosé Ricardo, Adela.
Grupo B: de 11 a 12:30. Carmen, Aroa, Alba, Anxo F., Anxo G., Lucía, Leo, Darío, Unai.

Días 15 e 16: 
Grupo B: de 9 a 11. Carmen, Aroa, Alba, Anxo F., Anxo G., Lucía, Leo, Darío, Unai.
 Grupo A: de 11:30  a 13:30. Sara, Joel, Daniela, Xián, Moisés, Carlos, Marina,Xosé Ricardo, Adela.


Días 17 e 18:  
Grupo A: de 9 a 11:30. Sara, Joel, Daniela, Xián, Moisés, Carlos, Marina, Xosé Ricardo, Adela.

Grupo B: de 11:30 a 13:30. Carmen, Aroa, Alba, Anxo F., Anxo G., Lucía, Leo, Darío, Unai.

 Días 22 e 23:
Todos de 9 a 12:30

Días 24, 25 e 26: 
Todos de 9 a 13:30

 Días 29 e 30: 
Todos de 9 a 14:45

lunes, 30 de junio de 2014

BOAS VACACIÓNS A TOD@S E LEMBRADE QUE O CURSO EMPEZA O 10 DE SETEMBRO!!!!

FESTA FIN DE CURSO

O curso non podía rematar sen unha festa, e así o fixemos!!!

EXCURSIÓN AO ZOO

A excursión de fin de curso de este ano foi ao zoo de Vigo. Nun sitio moi pequeno había animais dos distintos continentes. Vimos serpes, iguanas, lagartos, leóns, cebras, oso pardo, lobos, patos, pavos, avestruces... Como nos gustou ver eses animais!!! Pero o día non rematou aí!!!!! Fomos comer á praia de Samil, nun merendeiro que hai alí, e as gaivotas queríannos comer os nosos bocatas, tivemos que ter un coidado!!!! E para rematar fomos xogar coa area!!! Un día estupendo!!!

VISITA BOMBEIROS

Tivemos unha visita. A policía local e máis os bombeiros viñeron a ensinarnos os seus coches, motos e camións!!! Subimos a eles e puxemos as sereas  a funcionar!!! Foi moi emocionante!!!!!

XEROGLÍFICOS

Os nosos escribas cos seus xeroglíficos!!!

ANIVERSARIOS XUÑO

Neste mes estiveron de aniversario: Brais, Carlota, Mariña, Paulo e Carla. Como sempre fixemos unhas tortas riquísimas!!! Que nos chegan a pouco!!!!

jueves, 26 de junio de 2014

ANTIGO BLOGUE


Para poder visitar o antigo blogue só tes que premer neste enlace:
Antigo blogue